Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo II: Un reino con clase dirixente

39,00 

O reino galego, de grande peso en todas as ordes, estivo integrado nunha monarquía plurinacional de forma inestábel e conflitiva, desde 1230. Desde a perspectiva galega, das opcións e alternativas das súas clases dirixentes, como reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados, o lexitimista ou castrista, fronte aos falsos Trastámara, analízase, neste Tomo II, unha conxuntura conflitiva, tamén estelar, o seu desenlace e as súas consecuencias, na segunda metade do século XIV. A análise histórica dá así pé a que se manifeste a coherencia que movía as nosas clases dirixntes nun intre tan delicado, a súa estratexia política e os seus obxectivos. Desta maneira afóndase en cuestións como a saga dos Castro, en especial de Fernando Ruys de Castro, nesta conxuntura crítica, líder indiscutíbel do movemento castrista contra os Trastámara, debúllanse aspectos do seu programa como a reunificación con Portugal, a alianza cos burgueses e o importante papel das vilas e cidades na conformaciónprogresiva da conciencia nacional galega.

Hai existencias

Categoría: Etiqueta:

Tamén che recomendamos…