Descripción
Cando afundiu o Prestige, emerxeu a nación. Unha marea de dignidade e orgullo, de rebeldía e defensa do país, saiu ás rúas baixo o berro de Nunca Máis, dúas palabras que uniron e que protagonizaron a maior mobilización social da nosa historia.
Este libro da Fundación Galiza Sempre entrou no prelo o 13 de novembro, vinte anos despois do afundimento do Prestige, e sae á rúa o día 1 de decembro, para conmemorar o vinte aniversario da manifestación dos paraugas, a imaxe da nosa forza como pobo.