DVD d’A Esmorga

12,00 

Un filme imprescindíbel na túa videoteca particular do clásico da literatura galega contemporánea.

Hai existencias

Categoría:

Descripción

O filme d'A Esmorga, baseado no libro homónimo de Eduardo Blanco Amor, dirixido por Ignacio Vilar e protagonizado por Karra Elajalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”, foi o segundo filme con maior recadación media en todo o Estado español a fin de semana da estrea. O filme supera os 40.000 espectadores e chegou ás quince semanas nas carteleiras. Foi a mellor estrea de todo o ano no Estado entre os filmes con menos de 100 copias (cun total de 18).

A Esmorga obtivo unha nominación, na categoría de mellor guión adaptado, para Ignacio Vilar e Carlos Asorey. O filme segue a facer historia ao converterse na primeira longametraxe rodada en galego que consegue unha nominación a este prestixioso galardón.

Foi o filme máis premiado no Festival du Film Espagnol. Ignacio Vilar, mellor director (cun premio creado ad-hoc para valorar a súa achega no filme); premio á mellor interpretación masculina protagonista para Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e á mellor fotografía para Diego Romero.

Un filme imprescindíbel na túa videoteca particular do clásico da literatura galega contemporánea.