Termos e condicións de uso

En cumprimento da normativa reguladora vixente sobre servizos da sociedade da información, infórmase que o titular desta páxina web é o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, asociación política inscrita no Rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior, tomo III, folio 392, con NIF G-32014003, enderezo social na Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo, Santiago de Compostela, e enderezo electrónico sedenacional@bng.gal.

TERMOS E CONDICIÓNS DE USO
A navegación, acceso e uso web do sitio http://loxa.bng.gal/ confire a condición de usuari@ pola que se aceptan todas as condicións aquí estabelecidas, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa de cumprimento legal.
Toda persoa usuaria asume a responsabilidade dun uso correcto, sobre todo no referido á veracidade dos datos e da información achegadas que son requiridas para determinados servizos.

PROTECCION DE DATOS
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informamos ás persoas usuarias que os datos facilitados voluntariamente por medio dos formularios desta páxina web serán introducidos nun ficheiro automatizado específico relativo ás operacións realizadas na loxa, baixo a responsabilidade do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO.

Este rexistro terá como única finalidade facilitar e axilizar o proceso de adquisición de produtos da loxa e os envíos que se efectuaren, para alén de manter unha información puntual de calquera incidencia nas compras.

Baixo ningunha circunstancia estes datos serán obxecto de cesión, venda, aluguer ou calquera outra acción que supoña poñelos a disposición de terceiras persoas ou entidades. No caso de exercitar os dereitos de rectificación, cancelación ou oposición, calquera persoa usuaria poderá dirixirse a:

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo, Santiago de Compostela,
sedenacional@bng-galiza.org.

TRÁMITES PARA A REALIZACIÓN DUN PEDIDO
Para realizar un pedido é preciso seguir os seguintes pasos:
1. Conectarse a http://loxa.bng.gal/
2. Seleccionar os produtos que se desexe adquirir
3. Rexistrarse como usuari@, a través dos formularios e as instrucións facilitadas
4. Aceptar as condicións de compra5. Validar o pedido

Realizar a compra e a validación do pedido por parte da persoa adquirente supón expresamente o coñecemento e a aceptación destas condicións xerais de contratación como parte do contrato.

Agás proba en contra, os datos rexistrados polo BNG na páxina web da loxa (http://loxa.bng.gal/) constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas coas persoas usuarias desta loxa electrónica, que permanecerán arquivados e protexidos.

Os datos serán arquivados e calquera persoa usuaria poderá acceder ao seu historial de compras desde o seu panel de control, ao cal só se poderá acceder con contrasinal.

ENVÍO DOS PEDIDOS
Os pedidos serán expedidos unha vez se reciba a confirmación da recepción da transferencia bancaria, agás nos casos que se opte polo pagamento contrareembolso, caso en que serán expedidos dentro do seguinte día hábil de petición. Cando non houber dispoñibilidade inmediata do produto, enviarase unha información á persoa peticionaria con indicación da estimación do prazo de expedición.

A entrega dos envíos, unha vez feita a expedición, será efectuada en función do tempo de entrega do servizo loxístico. No caso de precisar unha data concreta, poderase solicitar a información antes de realizar o pedido.

Os prazos de envío indicados son sempre orientativos. No caso de existir algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, informarase a cada persoa peticionaria. Comunicaranse igualmente os novos prazos de entrega. No caso de esta non ser posíbel ou non ter interese para quen realiza a petición tras a mudanza de datos, procederase a anular o pedido.

En calquera caso, o atraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dá dereito a exixir ao BNG indemnizacións por este motivo.

CONDICIÓNS XERAIS, LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICÁBEIS
As relacións entre o BNG e as persoas usuarias que adquiran produtos a través da páxina web http://loxa.bng.gal/ rexeranse pola normativa en materia de contratación vixente na Galiza e os xulgados da cidade de Santiago de Compostela serán competentes para decidir sobre calquera controversia que se puider suscitar.