Benvid@s á loxa do BNG

Benvid@s. Presentámosche a nosa loxa. Sinxela e intuitiva. Nela poderás mercar os produtos publicitarios do BNG, así como bandeiras da Patria e libros editados pola Fundación Galiza Sempre. Non somos Amazon nin o queremos ser, mais pouco a pouco iremos engadindo novos produtos á loxa, que agardamos sexan do teu interese.

A loxa está en fase de probas, polo que nestes primeiros meses só enviaremos produtos dentro do territorio do Estado español. Neste sentido, os gastos de envío só che custarán 2 euros, xa que asumimos parte dese custo. De todos os xeitos, se recolles o pedido na Sede Nacional do BNG, obviamente non che cobramos eses gastos.

Poderás pagar por transferencia bancaria, unha opción que dependendo das condicións que teñas co teu banco ou caixa, pode saírche de balde, ou contrarrembolso, co cal terás que pagar unha pequena comisión.

Isto é un pequeno resumo das condicións de uso da loxa, recomendámosche que lle botes un ollo ao documento completo. O noso enderezo de correo é “loxa@bng-galiza.org”, que está a túa disposición para calquera dúbida ou suxestión que teñas.

Finalmente, queremos agradecerche a túa visita á loxa, e non dubides en promovela entre as túas amizades.